Spanish swap

Este é o paquetiño...ou debería dicir paquetazo que me mandou a miña sorprendedora dende Cataluña ...Moltes gràcies Bego, Petonets ou biquiños o que ti prefiras....







O MEU CUARTO DE COSTURA



Teño tantas cousas que era urxente ter un cuarto onde ordenalas e telas á man....






Test-knit




Angela diseñou este patrón e precisaba que alguén o fixera e lle dese a súa opinión sobre él antes de publicalo... só teño que dicir que me encantou facelo ...

Portafíos



Precisaba algo para ter os fíos de coser ordenados e acordouseme facer este ...


Agora está na casa de Alfanhui, gustoulle tanto que .... levouno!!!
Como teño que facer outro para min e tivo tanto éxito en Ravelry decidín facer varios para vendelos...
Se queres un, ponte en contacto comigo en tecela31@yahoo.es

Unha nova chaqueta

Despois dun tempo sen poder coller as agullas, collinas con ganas....

é un deseño Cecily GLowik MacDonald e ven no fantástico libro New England knits (libro que merece a pena mercar...)

FIAR

A miña primeira madeixa.....



Tejo lo que hilo

Este é o nome dunha tenda on line de cousas para fiar, tinguir e tecer...
xa fixen varios pedidos pero quería ensinarvos o último...



fibra de merino tinguida nas cores do arco da vella, fibra de algodón en cor crua para tinguilo despois e un fuso... porque aspiro a tecer o que fío... anque non sei se será moito, vouno intentar...


Eu teño un boton ton ton ...

Como cando eramos nenos e cantabamos aquelo de eu teño un botón ton ton...

e para ter onde colocalo fixen un xersei...

é un deseño de Veera por certo que é unha deseñadora da que me ides oír falar moito .... ten uns deseños preciosos...

Un bolsiño



Outra das miñas argalladas para gardar os meus aparellos de calcetar...

SOMBREIRO


Un sombreiro ben curioso...deseñado tamén pola Ysolda




Ishbel



Un patrón de Ysolda ó que lle tiña moitas ganas, a verdade é que esta muller ten uns deseños moi chulos...
A la é Holst garn unha la danesa máis que recomendable, barata e cunhas cores espectaculares..

Tintes kool


Agora deunos por tinguir la.... mercamos na rede uns sobres deste refresco americano...

fixemos a mezcla pretinente....
e despois duns minutiños no lume...
este foi o resultado....


foi unha tarde moi productiva, e gracias á inestimable axuda de Rasta.
PD: por certo o refresco sabe a raios.....

Polainas

Unhas polainas para aguantar o frío que vai ó pasear a cadeliña...
La: katia merino mix

Haruni

Este foi o último procecto do 2010 fíxeno coa la que merquei en "tejoloquehilo", merino lace en cor azul. Anque o resultado é espectacular non é un chal excesivamente complicado...