CITRON








Está aínda sen bloquear, pero gustoume tanto que tiña que ensinarvolo...
O patrón está publicado no knitty de inverno e a la é unha Kauni effect- WEK.
A la ten unhas cores espectaculares pero ao igual que a NORO kureyon sock raaasca, ufff espero que lle pase o bravío cos lavados...
O primeiro día que puxen o chal que fixen coa la NORO xúrovos que estiven a tiralo, salvouse porque me gustaban moito as cores . Sen embargo agora estou contenta de non habelo tirado, foi suavizando co uso..



1 comentario:

  1. Chulísimo! ¿E faille falta bloquealo? quédanlle moi chuscas as ondiñas como están... Téñolle ganas á kauni, pero ó de que a lá non sexa agarimosa bótame para atrás, xa me pasou ó ver nunha tenda a Noro, fun aposta a mercala e ó final marchei sen ela o ver o que picaba. Pero é verdade que unha vez tecida cambia a cousa, o chal que había na I Quedada Galega era o teu, non?
    Bicos guapa!

    ResponderEliminar