CITRON








Está aínda sen bloquear, pero gustoume tanto que tiña que ensinarvolo...
O patrón está publicado no knitty de inverno e a la é unha Kauni effect- WEK.
A la ten unhas cores espectaculares pero ao igual que a NORO kureyon sock raaasca, ufff espero que lle pase o bravío cos lavados...
O primeiro día que puxen o chal que fixen coa la NORO xúrovos que estiven a tiralo, salvouse porque me gustaban moito as cores . Sen embargo agora estou contenta de non habelo tirado, foi suavizando co uso..



Pachtwork


Por se foran poucas as leas onde ando metida, apunteime para facer SAL coas rapazas de labores en red. Vou facer pachtwork e vou empezar polo máis fácil, unha colcha...je, je, je, se non é un proxecto grande non me estimula... Agora teño que mercar as teas....
CASTELLANO
Por si fuesen pocos los líos en los que ando metida, voy y me apunto a un SAL con las chicas de labores en red. Voy a hacer pachtwork y para empezar por lo más fácil me voy a hacer una colcha...je, je, je, si no es unproyecto grande no me estimula... Ahora tengo que comprar las telas...



Velaquí a miña chaqueta nova, está feita con Katia Sulka, e o patrón é o do Cloud Bolero de Ysolda anque algo modificado...
Teño que dicir que foi unha gozada tecer esta la, é moi suave e como é gordiña fíxena nun pis pas. Vou ter que facer un par de armarios máis ou empezar a vender as chaquetas que xa non teño sitio para tanto....