Xersei Roxo


Este é o último xersei que estiven a facer, é o modelo Sage Blouse da deseñadora Connie Peng. Podedes atopar o patrón en Ravelry, a verdade é que dende que descubrín esta páxina estou enganchadísima. Ademáis de poder atopar patróns gratuitos coma este podes ver como quedan en diferentes tallas, lás, ... o que máis me presta é poder falar con máis xente que ten o mesmo hobbie (ou debería dicir vicio) cá min. Falando desto, temos un grupo en Ravelry de tecedoras galegas (Lerias e enredos) e vamos facer unha quedada galega o 20 de febreiro en Compostela, xa vos contarei como nos foi... Se vos interesa ir pasadevos polo noso grupo en ravelry e alí podedes informarvos de todo. Incluso Hai quedadas locais en Compostela e Lugo. En Lugo quedamos na Cova da Terra, e o próximo día que quedaremos para tecer e lerchear é o xoves 18 de febreiro a eso das 6:45 da tarde, de momento somos poucas pero... quen sabe, igual medra o grupo


No hay comentarios:

Publicar un comentario