Bolsos

Este bolso fíxeno no inverno pasado,está feito con lana sherpa de Katia, as asas fíxenas eu con con coiro de potro, fai 3 anos fixen un curso no que aprendín a facer varios trenzados, entre outras cousiñas...


Este outro está feito con lana missisipi de katia en diferentes cores, saquei o modelo do blog de Cécile,en modelos gratuitos, pincha aquí para ver este blog (merece a pena velo)

2 comentarios:

  1. Meu deussssss! que me poño nerviosiña e todo!!!
    O outro día estiven na miña tenda habitual e este bolso estaba colgado da silla da dependenta!!! Seino porque estou a facer unha manta igual coa mississippi tamén e non puiden evitar botarlle o ollo!
    Aix, que pretiño estabamos e nós sen sabelo :)

    ResponderEliminar
  2. é que mo pediu prestado para poñer no escaparate, lévome moi ben con ela, como lle deixo alí medio soldo...

    ResponderEliminar